ROLDA DE PRENSA DE QUIQUE GONZÁLEZ

-ROLDA DE PRENSA-

Quique marcou dous goles e déronlle un.

-Quique González : Agora dependemos de nós e queremos mantelo. Imos dar todo por gañar esta fin de semana e o resto de partidos“-

Quique González Falou sobre todo o que envolve ao equipo e só pensa no encontro do Domingo ante o Cadiz CF, (16:00 horas-14:00 GMT). Quer e pensa en gañar este encontro ante a afección e logo pensar no seguinte.

ROLDA DE PRENSA DE QUIQUE GONZÁLEZ
(Por : rcdeportivo.com)

 

Quique González subliñou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que “agora dependemos de nós e queremos mantelo. Imos dar todo por gañar esta fin de semana e o resto de partidos, pero todo pasa polo partido de ABANCA-RIAZOR”.

 

Após dúas vitorias consecutivas, en Soria e Zaragoza, pide estar “moi tranquilos agora, cos pés no chan. O único que fixemos é gañar dous partidos seguidos. Sabemos o que pasamos durante todo o ano”, conclúe.

 

Recoñece sobre o partido ante o Cádiz CF deste domingo 12 de maio en ABANCA-RIAZOR (16:00 horas, Movistar Partidazo) que “como futbolista, perder 3-0 a ninguén lle gusta”, en relación ao partido da primeira volta disputado no Estadio Ramón de Carranza no mes de decembro. “Só pensamos en gañar, en facer un bo partido que nos leve á vitoria, sumar 3 puntos que non sumarían eles e estar aí arriba. Está a acabar isto e todos queremos estar aí arriba”, engade.

 

Do conxunto gaditano, advirte Quique González que “non só é Machís. Desde que chegou é un xogador clave polo seu desequilibrio, a súa velocidade, a súa capacidade de facer gol e de asistir. Hai que ter en conta a todos o xogadores pero si que é verdade que están nun bo momento”.

 

Non se atreve a dar favoritos no grupo de equipos que se xogará o ascenso directo e as prazas de playoff: “Dunha semana para outra poden cambiar as dinámicas. Viuse connosco”.

 

O dianteiro deportivista subliña que ao volver a ABANCA-RIAZOR “o que queres é gañar sempre para que a afección gozar. Imaxino que a xente que está a ver o partido en casa cando xogamos fóra ou se despraza tamén gozará con iso. Na nosa casa queremos ser fortes, queremos gañar, pero o afeccionado do Deportivo quere gañar tanto en casa como fóra”.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-