ROLDA DE PRENSA DE QUIQUE GONZÁLEZ.

“Agradecer a nosa afección o apoio”

Quique González  un dos “Top5” a hora de falar con criterio e deixarse de tópicos, falou na rolda de prensa das gañas de que chegue o encontro e alabou primeiramente a fortaleza do grupo nos intres malos : “O grupo humano é espectacular. Nos momentos que foi máis difícil, que tiñamos que estar máis unidos, así foi. Froito diso, máis aló do fútbol, polo noso querer e insistencia estamos onde estamos”.

Desexando ver o estadio cheo de afeccionados e agradece o enorme apoio : “Dámoslle as grazas á nosa xente, querémoslles facer gozar cunha vitoria e que disfruten do camiño. Entendo que vai haber nervos, agobios, pero que disfruten”. Repiteuno máis dunha vez recalcando que : “vai ser difícil vai costar moito, pero que estén tranquilos dentro da dificultade”.

Moi cauto o falar do rival, que quedou por enriba de nós na liga e que lle gañamos cun tanto de penalti no derradeiro segundo fai un mes. “O Mallorca quedou por encima e aquí non hai favoritos. O único que vale é o xoves e logo, o domingo. É un bo equipo, ten un gran adestrador e está moi ben traballado”.

Abaixo na portada da web tes o vídeo ao completo nos nosos : “Vídeos Recomendados”.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies