ROLDA DE PRENSA DE PRESENTACIÓN DE WILLIAM DE CAMARGO : “NO BRASIL HAI MOITA AFECCIÓN O DEPOR”.

 

William de Camargo pasou por rolda de prensa e sesión de fotos en Abegondo. O xogador brasileiro manifestou a afección que hai o Depor no Brasil, cimentada polo trunfo dos xogadores brasileiros no Depor : 

“En Brasil hai moita afección ao Dépor. Rivaldo, Bebeto, Djalminha… están no recordo dos brasileiros con aquel SuperDépor”. 

Para él recalar no Depor foi : “Unha sensación única. Aínda que estea en Segunda B, este é un equipo grande”, e espera acadar o ascenso baseandose na humildade : “Chego coas expectativas moi altas de facer bos partidos. Axudar ao equipo cando sexa e onde sexa. Hai que traballar aos poucos. Ninguén ascende en Setembro, haberá que traballar ata Maio ou Xuño. É moi difícil subir nesta categoría. O obxectivo é facelo desde a humildade e traballando moito para conseguilo”.

Amosouse abraiado da cidade da Coruña , como lle dixera Lendoiro a Bebeto para convencelo a fichar, que era “O pequeno Río de Janeiro” : “Creo que si porque che acolle dunha maneira incrible. Desde o principio séntesche coma se levases anos aquí”.

Falou de Borja Jiménez, co que xa estivo no Cartagena : “É bastante próximo, busca sempre entender aos xogadores, non toma só as decisións. Tenta falar connosco, ver o que pensamos… a min sempre me deu confianza. Chamoume e iso fai que me senta confiado. E claro, non se lle pode dicir que non ao Dépor”.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia