ROLDA DE PRENSA DE PRESENTACIÓN DE VÍCTOR NARRO : “VEÑO A UN EQUIPO PARA ASCENDER”.

 

Víctor Narro pasou por rolda de prensa na sua presentación o deportivismo e amosouse moi contento de vir a un “equipo familiar”, e ca única idea de que, “se todos remamos na mesma dirección, ascender”.

A sua fichaxe foi cousa de 3 días : “A fichaxe foi rápida. Non dubidei nin un segundo en decidirme. Aos dous días chamoume Borja, díxome que viñese, que confiaba en min, que ía estar moi a gusto. O que me fixo vir é o ambiente, súper familiar, a confianza de Borja e que veño a un club para ascender”.

Considera o Depor un equipo de Primeira : “é un club que non se merece estar na categoría en que está…move moitos medios, moita afección e conta cunha estrutura e instalacións dun club de Primeira, non de Primeira Federación”.

Todo o que dixo telo no vídeo…

-Foto : RC Deportivo

-texto : piratasdemuxia