ROLDA DE PRENSA DE PRESENTACIÓN DE RAFAEL OBRADOR : “ESTOU O CENTO POR CENTO LISTO PARA XOGAR SI O ESTIMA O MISTER”.

 

Rafael Obrador, pasou por rolda de prensa na sua presentación ante a afección e a algúns medios deportivistas e amosouse preparado, “o cento por cento para xogar se o mister o estima oportuno”. O rapaz falou sobre o doado que lle foi decidirse polo Depor, o saber de propias carnes o que é o equipo, a afección e o estadio.

Vergoñento o intre no que lle comeza a preguntar un dos que estaban na rolda de prensa, pseudo-xornalista do Depor, sobre o Real Madrid e o que sinteu estando con eles de pretempada. Totalmente fora de lugar as preguntas que foron coprtadas con toda a razón do mundo, o tratarse da presentación coma novo xogador deportivista.

 

Berto Cayarga rescinde e vaise o Real Unión

O RC Deportivo anunciaba a rescisión de contrato con Berto Cayarga e minutos despois o Real Unión de Irún anunciaba a sua incorporación. O noso desexo de éxito a un rapáz que non tivo moitas oportunidades pero que amosou ser humilde e xogador de equipo, sen dar unha soa protesta a pesares de merecer algún minuto máis, en especial en encontros encarrilados.

 

-Foto e vídeo : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies