ROLDA DE PRENSA DE PRESENTACIÓN DE MOHAMED BOULDINI : “CANDO ME SAEU O DO DEPOR DECIDÍN NO DÍA”.

 

No día de hoxe foi presentado en rolda de prensa o xogador marroquí, Mohamed Bouldini, e expresou a sua felicidade por estar no Depor, así de como se xestou a sua fichaxe, ao seu carón estivo o membro recetemente fichado para a dirección de fútbol Antonio Méndez, que fixo a presentación do xogador .

“Estou moi feliz por estes primeiros días. Recibíronme moi ben. Noto sensacións moi positivas despois destes primeiros adestramentos e do partido do outro día”, comentou Bouldini, que tamén comentou que :  “Todo pasou moi rápido, en só dous días. “Cando me chamou o Dépor, que é un club histórico e un proxecto que todos coñecemos, gustoume…Foi unha moi boa pretemporada co Levante. Tiven algunhas ofertas de fóra, pero decidín quedarme ata os últimos minutos, que foi cando se me saeu o do Dépor. É un gran home coas ideas claras, como as miñas, e decidín nun día”.

 

-Foto e vídeo : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”