ROLDA DE PRENSA DE PERU NOLASKOAIN : “PASAMOS DE ESTAR AFUNDIDOS A ESTAR ILUSIONADOS”.

 

Peru Nolaskoain pasou por rolda de prensa apoiado na sala polos seus compañeiros, Aketxe, Sabin Merino, Mujaid e Vallejo, que fixeron que a conversa fose máis distendida. O xogador vasco xa ten craro o seu papel no equipo, atras queda o debate de que si central ou medio centro, e ata se ve como unha anédota a sua metedura de pata no vídeo de cando tocaron fondo, (que decía a realidade do que pasaba) : “Co paso das xornadas síntome cada vez máis cómodo. No centro do campo estou máis cómodo que ao principio. Había incerteza, se central ou mediocentro, pero atópome mellor. Vivín os dous extremos do fútbol. De estar afundidos a estar ilusionados. Quedan moitas xornadas e todo pode pasar”.

Sabendo doi que vimos, para Peru hai que disfrutar do intre que se está a vivir e asi o celebran cada vez que marcan : “O partido de Alcorcón era importante. Non foi o máis brillante, pero tivemos esa xogada no último segundo e todos contentos a casa. Pensei que a ían a poñerde primeiras, pero non e Mamdou remata perfecto. Non estamos para regalar nada e cada gol que metemos celebrámolo coma se fose o último e así se demostrou coa ledicia ca que o celebramos”.

“Non me comentaron que todo comezou co gol o Tenerife, senón que comezou co vídeo”, (risas).

A rolda de prensa o completo no vídeo.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo

Nos nosos “Vídeos Recomendados” abaixo de todo na portada da web tes ao instante tódolos vídeos que colga o RC Deportivo no seu canle de YouTube, incluso antes de falemos deles como noticia.

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.