ROLDA DE PRENSA DE PERU NOLASKOAIN : “MOITO QUE DICIR, PERO POUCO QUE CONTAR”

 

Decía o “GRAN” Arsenio Iglesias cando se perdeu a liga co penalti errado de Djuckis, a pregunta dos xornalistas sobre o que acababa de pasar : “Mucho que decir, pero poco que contar”. Eso é o que pasa esta semana, na que xa se tocou fondo no apartado informativo e ningún dos xogadores que pasan por rolda de prensa teñen, moito que dicir, pero puco que contar.

Un sufrimento está a ser para os que saen as roldas de prensa, pero máis é para os que somos socios e afeccionados, ver como deixaron o equipo, estes que están sobre o tepe cada fin de semana e que son os que poden arreglalo, e os que están nos sillóns, que quedaron máis mudos ca o “rizitos” dos irmáns Marx.

Non vale de nada todo o que digan daquí o sábado os xogadores, pois non teñen argumentos para nada, só vale que o sábado, salgan o verde de Riazor, coman o céspede e de paso o Alcorcón e que saquen a vitoria, que de algo de luz, para que teñan algo que contar e algo que dicir.

Preme no vídeo para ver a insulsa, innecesaria, pero obrigatoria rolda de prensa de Peru Nolaskoain.

 

-Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas