Peru Nolaskoain deu a sua primeira rolda de prensa coa liga en marcha, na que falou da sua recuperación e de como foi todo o proceso.
Di estar con moitas gañas de que chegue o Domingo para axudar ao equipo : “Estou a desexar que chegue o domingo para poder axudar ao equipo. Levo tempo traballando cos técnicos á marxe para poñerme fisicamente a lume de biqueira. Estou ben. Estou a coller sensacións co balón e despois de semana e media co equipo penso que estou ben”.
Só pensa en xogar e non lle importa onde o poña o adestradors, mentras sexa no “verde” : “Mentres sexa sobre o céspede, dáme igual onde xogar. É cuestión do míster, para iso está. Póñame onde me poña, tentarei axudar ao equipo”.
Afirma que van a ir para arriba e quer hai que gañar : “Comentamos moito que é un equipo novo, con xogadores novos e veteranos e custa adaptarse. Máis nunha liga tan competitiva. Pero iremos para arriba. Falamos, xuntado liñas e é o momento de dar un paso adiante. Hai que dar unha imaxe #ante o Mirandés. É hora de gañar e como gañar, metendo á afección dentro porque eles empuxan sempre”.
A rolda de prensa completa no vídeo.
Abaixo de todo da web en “Vídeos Recomendados” tes tódolos vídeos que vai colgando o RC Deportivo.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR