Hoxe pasou por rolda de prensa Pedro Sánchez e amosou o que ten ter bos resultados. O atacante deportivista ao igual co resto da plantilla sorrí tralas duas vitorias seguidas. Con seguridade xogaron peor ca noutros encontros que perderon ou empataron, pero as vitorias fan que ata a sorte esté de cara e todo o que non entraba e lles entraba a outros, agora parece que vai dentro e a entrega e a insistencia é maior. “Non é momento de mirar como se xoga, senón dos resultados, o importante é sacar os resultados bos, non sei se fai ben, mal, regular, mellor, peor…”, decía Pedro o repecto. Está convencido de que non está todo feito, que ainda poden chagar o ascenso direto e puxo como exemplo o ridículo que fixo o Barcelona en Liverpool, despois de adulterar a liga española mandando a Vigo o Barcelona “B”, para descansar, de que o clube inglés tivese a 3 das suas estrelas de baixa e de chegar cun 3-0 a favor, e de que os ingleses tiveran todo en contra, foron quen de darlle a volta a tortilla e ser eles cun merecemento extraordinario os que pasaron a rolda tras gañar 4-0. “O Liverpool-Barça é o mellor exemplo de que no fútbol todo pode pasar” dixo o de Aspe.
ROLDA DE PRENSA DE : PEDRO SÁNCHEZ
Pedro Sánchez pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo. Autor do gol do triunfo o pasado sábado en La Romareda, “a un mesmo e ao equipo vénnos moi ben”, apunta.
A pesar da mala serie de partidos que acaba de superar o Deportivo, o atacante branquiazul asegura que “sempre houbo alegría no vestiario. Por circunstancias ás veces non conseguimos o que queremos, que son as vitorias. Pero hai que levalo da mellor maneira para volver ao camiño”.
Advirte que “estamos na fase máis importante. Esperemos dar o mellor rendemento todos e iso vainos a vir ben para este tramo final”.
Bo coñecedor da categoría, non ve diferenzas esta temporada con respecto a outras anteriores: “Todos os anos a estas alturas son iguais. Os que están por abaixo pelexando téñeno difícil para poder conseguir esa salvación; e os que están a pelexar por arriba teñen complicado meterse entre os mellores. A nós custounos nos últimos meses. Só pensar en chegar o mellor nas dúas últimas xornadas, a ver que pasa”.
Coa clasificación na man, Pedro Sánchez pide “ser realistas porque estamos a sufrir por entrar no playoff. Imos tentar conseguir esta semana 3 puntos e logo miralo doutra maneira. Pero hai que ser realistas. Estamos a tentar meternos no playoff”.
Non quere confianzas de ningún tipo aínda con dúas vitorias consecutivas. É máis, lembra que “ante rivais téoricamente máis alcanzables (Rayo Majadahonda e Extremadura UD) déronnos en toda a cara. Isto é a Segunda División”. Agora, ante un rival directo, o Cádiz CF este domingo 12 de maio en ABANCA-RIAZOR (16:00 horas, Movistar Partidazo), espera un partido “moi difícil, moi competitivo. Sabendo ao que eles xogan, hai que ser un pouco máis pillos e listos que eles para conseguir esa vitoria”.
Do conxunto gaditano, di que “levan toda a liga xogando así, de memoria. Temos que lelo moi ben para conseguir esa vitoria”.
Non ten dúbidas de que a afección o domingo “vai estar aí como estivo durante todo o ano. Ao final o público é normal que estea desgustado por estes dous meses”.
A nivel persoal, Pedro opina que “me gusta moito superarme nas adversidades”, en forma de lesións ou suplencias. “O máis importante é axudar no que poida de aquí ao final”, conclúe.
+++++++++++++++++++++++
-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es–
-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-
-COLABORA COA NOSA WEB-
Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…
Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.
Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.
Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.
-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-