ROLDA DE PRENSA DE PEDRO SÁNCHEZ E BREVES DO DEPOR

 

 

Pedro Sánchez apunta que “este tren non se nos pode escapar”

Deixou un bo titular o heroe do pasado sábado co seu golazo ao Córdoba que disipaba dúbidas e temores nada máis comezar a segunda metade do choque. O de Aspe dixo que “este tren non se nos pode escapar”, sobre a situación de xogar o “Play-off”, co primeiro envite ante o Málaga en Riazor xa será pasado mañán mércores dende ás 20:30 horas, (18:30 GMT) ca arbitraxe de Soto Grado que esta tempada arbitroulle aos deportivistas ante Nástic, Oviedo, Las Palmas e Cádiz, dándose a casualidade de que se empatou a uns, (1-1) cos 4. 

Pedro Sánchez decía que : “É un premio ao esforzo e sacrificio deste grupo. Agora veñen dous partidos de poñerse o mono de traballo, desde o porteiro aos dianteiros. Este tren non se nos pode escapar. É bonito e hai que tentar gozalo”.

O xogador deportivista sabe do que fala cando se trata dos encontros de promoción de ascenso : “Temos que ser nós mesmos. Saber competir estes partidos. Son 180 minutos e pode pasar de todo. Hai que estar alerta e os pequenos detalles determinarán a eliminatoria. Non vexo favoritos, xoguei moitos partidos destes e nunca vexo favoritos”.

Abaixo en portada nos nosos “Vídeos recomendados” podes ver a rolda de prensa ao completo de Pedro Sánchez, así como o resto de vídeos de interese deportivista : rolda de prensa de Edu Expósito, manifestacións tralo encontro, etc…

 

NOVAS BREVES

Soto Grado e Díaz de Mera os colexiados da eliminatoria

Soto Grado arbitrará o mércores en Riazor, e farao para o Depor por 5ª vez esta tempada, as outras 4 acabaron en empate a uns, (1-1), ante Cadiz, Oviedo, Nástic e Las Palmas. para a volta o Domingo 16 en Málaga o colexiado será Díaz de Mera que xa nos arbitrou ante o Málaga en Riazor este ano e foi o que expulsou a Quique González con vermello direto por unha chilena.

Entradas a venda para o mércores

 

N´Diaye será baixa no Málaga

O xogador malaguista N´Diaye será baixa para a eliminatoria o haber sido convocado ca sua selección. Unha baixa sensible para o noso rival dun xogador que estaba marcando a diferenza dende a chegada de Vítor Sáchez.

+++

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es