O lateral dereitp Paris Adot pasou por rolda de prensa e analizou o intre do equipo. O xogador coma o deportivismo non está contento cos resultados pero si coas sensacións que está a dar o equipo e que apunta, se esto non se longa e non se torce, que este equipo vai a dar moito de máis.
“Non é o inicio de liga que esperabamos nin que desexabamos. Está a custarnos. Levamos tres partidos en casa que non conseguimos gañar e simplemente hai que seguir traballando. Non estamos contentos cos resultados, pero si co traballo e as sensacións. Fixemos bos partidos, vímolo dicindo, pero sabemos a responsabilidade que temos e hai que seguir traballando e mellorando para que cheguen os resultados. Non é o comezo desexado, pero creo que o equipo está a traballar ben para que cheguen eses resultados”.
De que non se leve gañado máis encontros achácaos a factores do fútbol e ve comon solución inmediata a de poñerse primeiro por diante para que o rival de turno non especule e que espere a sua para polo menos empatar. “É fútbol. Non hai respostas para todo. Algunhas veces sae, outras non… houbo partidos nos que non estivemos acertados, no segundo partido, condicionou a expulsión, que estivemos unha hora cun menos… o outro día conseguimos adiantarnos na primeira parte, parecía que o partido estaba controlado, tivemos dous ou tres para meter o segundo… pero é fútbol, en calquera momento poden facer gol, foi un saque de banda que queda o rebote e complícase o partido. Diferentes factores en cada partido, temos que mellorar un pouco sobre todo en casa. Talvez non o aspecto defensivo, pero tentar abrir o marcador un pouco antes. Os rivais cando veñen a Riazor veñen cun perfil parecido. Metidos atrás, a nós cústanos entrarlles… abrindo o marcador un pouco antes quizá os partidos en casa serían diferentes”.
-Foto e Vídeo : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”