ROLDA DE PRENSA DE PABLO VÁZQUEZ : “A esto pódeselle dar a volta só cun pouco máis de acerto nas áreas…temos calidade de sobra”.

 

Pablo Vázquez compareceu esta mañá na sala de prensa de Abegondo como previa do seu encontro fronte ao Levante UD. O central, que sente “valorado e con confianza”, non asina sacar 4 de 6 puntos esta semana porque “temos a capacidade para sacar os 6”; e asegura que o equipo valenciano “desprega moi bo fútbol”.

O defensor mostrouse realista sobre o encontro fronte ao Eldense e confesa que “as sensacións non son boas”. A pesar de seguir rematando a portería e causando perigo, “á mínima encaixas”, completa o xogador. Con todo, engade que “os síntomas do equipo son bos”; “A isto pódeselle dar a volta cun pelín máis de acerto”, conclúe.

No referente ao estado do equipo e á melloría no balón parado, o central asegura que “como todo na vida, cando che focalizas en algo, mellora”. O equipo era consciente de que tiña un problema nese aspecto e “puxo o máximo interese”.

“O fútbol mídese por resultados, pero nós necesitamos quedarnos con algo” continúa o deportivista, “somos o equipo con máis remates, máis posesión en campo contrario, o que menos remates recibe e o que máis pases en zona de finalización dá da categoría e temos a obrigación de quedarnos con iso”.

Doutra banda, Pablo Vázquez ve con confianza aos dianteiros: “temos arriba calidade e experiencia dabondo, van estar á altura”. Tamén asume parte de responsabilidade no apartado ofensivo: “quizais me falta esa intuición do ano pasado”.

Finalmente o defensor aproveita para mostrar o seu asombro sobre o desempeño de Dani Barcia: “Estou asombrado. Parece que leva 200 partidos. Pronto chegará a Primera División”.

-Foto, texto e vídeo : RC Deportivo

-Texto en castelán : https://www.rcdeportivo.es/noticias/pablo-vazquez-a-esto-se-le-puede-dar-la-vuelta-con-un-pelin-mas-de-acierto

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies