ROLDA DE PRENSA DE PABLO VÁZQUEZ : “A AFECCIÓN MERÉCESE XA UN PARTIDO RODADO EN RIAZOR…CREO NA XUSTIZA DO FÚTBOL, SE LLE DAS TANTO…”

 

Pablo Vázquez, que está a ser unha das gratas novas na defensa do Depor a carón de Pablo Martínez, falou en rolda de prensa e desexa un encontro en Riazor no que a afección disfrute dende o inicio : “levo dous partidos en Riazor e o ambiente está a ser incrible. Está a gustarme moito vivir estes encontros en casa e merécense xa un destes partidos rodados. Meter rápido un gol que acenda á xente, que vexa que estamos no camiño e con moitas ganas. Este sábado para ver se o conseguimos”.

O central que coñece ben ao adversario do vindeiro sábado, o Cornellá, (20:00 horas/18:00 GMT), falou sobre él e convencido de que o fútbol lles devolverá o que están a facer, pois estamos dacordo con él de que o equipo mereceu máis do que leva acadado en puntos nestas 4 xornadas disputadas.

“O Cornellá é outro equipo máis con defensa de cinco, sistema de xogo xa moi característico do ano pasado… ás veces tres por diante, dous arriba bastante descolgados… o patrón do partido do sábado é o que se espera todo o mundo. O Dépor atacando desde minuto 1 e o Cornellá a esperar. Son retos, gústame dominar por completo ao rival e estámonos merecendo xa. Creo na xustiza do fútbol, se lle dás tanto…”.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”