O franco-español Pablo Martínez pasou por rolda de prensa e amosouse contento coa sua evolución nos derradeiros encontros xa que : “voume sentindo cada vez mellor”.
Amosouse preparado, e non teme a presión que supón xogar nun clube coma o RC Deportivo, senón que a disfruta : “A min gústame esa presión. Cando xogas a presión é normal. A min encántame, dáme forza. Non me importa o que din de nós, só queremos dar alegría aos demais”.
Trala vitoria en Riazor, quer seguir dándolle alegrías os afeccionados e traer vitorias fora, pero o importante será o final : “Imos tentalo esta fin de semana. O partido do outro día non o cambia todo. Hai que seguir dando alegrías, traballando, e dalo todo no campo. Só estarei contento na última xornada cando ascendamos. Nada máis”.
No vídeo esto e o resto do que dixo.
Lapeña co grupo, e Isi aparte
Adrián Lapeña ademáis de ter que parar pola sanción do vermello ante o Castilla, sufría unhas molestias. No día de hoxe xa adestrou con normalidade co grupo, segundo nos comunican dende o clube. O que adestrou a parte foi Isi Gómez, tras sufrir unhas molestias, que ben poderían ter o seu motivo, a volta a competición trala pauta que pasou sen xogar por problemas musculares, estas pasadas semanas.
-Foto e Vídeo : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia