ROLDA DE PRENSA DE PABLO MARTÍNEZ : “ESTOU A DISFRUTAR NO TERREO DE XOGO E COS MEUS COMPAÑEIROS”.

 

O franco-español Pablo Martínez pasou por rolda de prensa co seu carisma agradable e de positivismo, unha maneira de ser, que como din amigos deportivistas, contaxia.

O central deportivista que de seguro que será votado na enquisa de cada mes que fai o clube como o mellor de Febreiro, apunta que a causa de que o equipo teña a solvencia defensiva que está a amosar con 5 xornadas consecutivas sen recibir un gol, e 6 encontros na casa ca porta a cero consecutivamente, é do equipo e do porteiro que temos que “é unha locura” : “É un traballo de equipo. A medida que o equipo mellorou sentinme ben, cómodo e estou a gozar no terreo de xogo, dos meus compañeiros. Só non son ninguén, co equipo podo ser mellor”.

O zagueiro branquiazul ainda non marcou pero é dos que o rematan todo, ou dos que : “ai se lla deixaran pasar”, e xa coñece, o longueiro, o poste, a cruceta, o lambendo a madeira, etc…pois anda rondándolle o gol pero ainda non o acadou e di que o “seguirei tentando, pero oxalá non sexa quen de marcar, pero que o final ascendamos”.

Sobre os encontros de fora, como xa dixera en Talavera de la Reina, “son os que me gustan”, para él é coma ir a “guerra”. Ainda que lle gustou o derradeiro encontro na casa, “non tivemos moito traballo e as veces fai falla encontros como o de Talavera para seguir concentrados e non encaixar”.

Sabedor de que de seguro se van a topar novamente un terreo de xogo seco para que non poidan desenrrolar o seu xogo : “Cada vez que chegamos, o céspede é un pouco raro. Cambian un pouco para facernos dano, pero non pode haber escusas. Tentaremos cambiar o xogo, sabemos que non podemos xogar como en Riazor. É imposible porque o campo non é o mesmo”.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”