ROLDA DE PRENSA DE PABLO MARTÍNEZ : “É O PARTIDO QUE NECESITAMOS AGORA, TEMOS QUE GAÑAR SI, OU SÍ”.

O franco español, Pablo Martínez, pasou por rolda de prensa e na sua soltura a hora de falar, e con toda a experienza que ten na loita polos ascensos e permanenza culpouse a él e aos seus compañeiros na derrota en León, poñéndose él como o primeiro, que dixo, “fallou en moitas loitas”, pero di que quedan “10 partidos, 30 puntos, hai que trocar cousas, e pódese facer, e se o trocamos vai haber sorpresas”, dixo, que “ata o final imos a loitar e hai que concentrarse no campo”, falando tamén do mal que o están facendo fora da casa, porque, “na casa podemos gañarlle a todo o mundo, pero fallamos moito fora da casa e eso é o que hai que cambiar”.

Dixo que todo o mundo onte na casa pasouno mal pola derrota, e que lles tocou moito pola afección que cando “xogamos por este escudo temos que deixar todo no campo”, e que “neste partido non xogamos como equipo”.

Preto das 7000 entradas vendidas

O RC Deportivo anunciou que ían vendidas 6931 entradas para este encontro, polo que haberá cheo en Riazor. Ainda que por circunstancias de horario, por xogar no fútbol afeccionado, ou persoas maiores que se teñen que desprazar e a volta será de noite, non poderán estar. Pero haberá, (parece),  a mellor entrada da tempada.

 

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”