ROLDA DE PRENSA DE PABLO MARÍ E NOVAS BREVES DEPORTIVISTAS.

 

Xa podes ver a rolda de prensa de Pablo Marí nos nosos “Vídeos Recomendados” abaixo de todo na web, onde aparecen tódolos vídeos do RC Deportivo, sexan roldas de prensa, de novidades ou promocionais. Unha excelencia que temos gracias a colaboración do clube branquiazul. Desta volta tocoulle a Pablo Marí pasar pola rolda de prensa e falou do importante que foi o trunfo do outro día ante o Mallorca, no mental e no deportivo. “Este trunfo uniunos un pouco máis e a ver se é un punto de inflexión. Valeunos para saber que somos capaces. Agora hai que gañar en Elche”. 

O mallorquín sobre se o Elxe a pesares de non se xogar nada tentarán despedir a tempada na casa cunha vitoria, él e taxante e tras decir que ante o Depor os equipos xogan con outra motivación dixo que : “Tense que ver a diferenza do que nos estamos xogando. Temos que mostralo no campo. Xogámonos o ano enteiro en dous partidos. Será un duelo complicado, pero hai que demostrar sobre o céspede que nos xogamos moito”.

Tes toda a rolda de prensa completa en vídeo abaixo na portada da web en 2Vídeos Recomendaods” onde tes este e moitos máis.

 

NOVAS BREVES

KRHON-DEHLI E QUIQUE GONZÁLEZA MARXE DO RESTO

Krohn-Dehli e Quique González foron os únicos que non adestraron co grupo. O dinamarqués xa é baixa fai varios meses e confirma que foi un erro non dalo de baixa e facer un derradeiro esforzo nun xogador de calidade no seu sitio, e Quique parece que non será da partida para Elxe, todo depende do grao de inflamción que teña no seu biceps femoral.

PACO ZAS CO DEPORTIVO GENUINE 

Nunha das últimas sesións de traballo da temporada, o Dépor de LaLiga Genuine, recibiu a visita do presidente do Deportivo, Paco Zas, que quixo coñecer, como xa fixera o mércores co resto de equipos, a un dos conxuntos máis significativos do Club.

O encontro tivo lugar na Cidade Deportiva da Torre, lugar habitual de preparación do Dépor de LaLiga Genuine, que afrontará nas próximas semanas varios choques á marxe da competición de Liga, como o caso do torneo 90 aniversario do Club Torre.

ÍÑIGO LÓPEZ EN LIBERTADE CON CARGOS

Tal e como vos apuntábamos onte o central deportivista Íñigo López foi posto en libertade con cargos tras facer efectiva unha fianza de 75.000 euros. O xogador que afirmou a EFE que “non sabía o porque me detiveron”, tamén dixo o sair dos xulgados que : “Tratáronnos ben, declareime inocente, levo tres días illado e quero irme a descansar, atópome moi canso e agora só queda esperar e descansar”.

O DEPOR NON ESTARÁ SÓ EN ELXE

Un total de 5 peñas estarán acompañando e animando ao Depor no “Martinez Valero” de Elxe. A pesares de que o encontro se xogue ás 20:00 horas do Domigno en horario unificado, (co doado que era que xogasen todos o sábado), as peñas : Chamberí, London RCD, Al sur de Riazor, Centenariazo e El Bierzo. O Depor nunca camiña só, esteña onde esteña porque é un sentimento.