Óscar Gilsanz insistiu esta mañá na rolda de prensa que “o Córdoba CF é o único que me preocupa; e que o equipo siga crecendo no rendemento, nesa estabilidade no xogo. Buscamos ser un equipo fiable en calquera situación”.
Reitera que “máis aló de que vingamos dunha derrota ou dunha vitoria o importante é a estabilidade, ser capaces de competir, ser capaces de facer un bo fútbol e que #ANOSAFORZA estea orgullosa de nós en cada partido que xogamos”.
Do Córdoba CF, rival mañá venres ás 21:00 en ABANCA-RIAZOR (LaLiga TV Hypermotion, #Vamos e Fútbol 2) destaca o técnico deportivista que “lle gusta ter a posesión de balón, ten uns automatismos ofensivos moi traballados. A nivel defensivo vai obrigar a un esforzo grande na saída de balón porque presiona cara a adiante”.
Preguntado pola resposta de #ANOSAFORZA ao horario do partido, un venres ás 21:00 horas, Óscar Gilsanz afirma que “a nosa afección sempre responde. Estamos completamente seguros que imos ter o apoio de ABANCA-RIAZOR. A xente vaise a achegar. Estamos nun momento no que o equipo está sintonizando coa afección en canto a ese esforzo que facemos cada partido”.
Finalmente presume o adestrador deportivista de que o Dépor “está a ser capaz de competir en calquera situación. Ese é o camiño e sabemos que a nosa xente nos vai a esixir esforzo, traballo, ilusión. Trataremos de responder o apoio transmitindo desde dentro ese fútbol que temos e sendo capaces de adaptarnos ao que nos esixe en cada partido”.
-Foto montaxe : Xosé Búa “Pirata”
-Vídeo e texto : RC Deportivo