ROLDA DE PRENSA DE ÓSCAR CANO PREVIA O TALAVERA-DEPOR : “NON NOS PODEMOS CONFORMAR CON IR PUNTO A PUNTO FORA DA CASA”.

 

O adestrador deportivista, Óscar Cano pasou por rolda de prensa na previa do Talavera de la Reina-Depor do vindeiro Domingo 19 de Febreiro ás 12:00 horas, (11:00 GMT), televisado por Insports TV, que a paasada semana deixounos sen emisión os derradeiros 5 minutos de xogo, máis os 5 de descotno, e a pesares de facerlles chegar unha queixa como abonados, como fixeron moitos deportivistas, non deron ningunha explicación, nin pediron disculpas. 

O técnico deportivistas analizou o proximo encontro e a actaulidade do equipo. Son moitos os afeccionados que nos mandan as suas queixas polo trato a canteira por parte de Óscar Cano, sen darlles ningunha oportunidade, a pesares de habelo feito mellor cos que supolían, ou non poñelos cando non xogaba o xogador do que eran suplente, algo ao que nos unimos e que estamos totalmente dacordo. Non poden ter un 2talento especial, dos que xa non hai”, como ten dito o técnico, e logo non xogar, e si facelo, un con medio adestramento, como pasou con Pepe Sánchez en San Sebastián de los Reyes.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies