ROLDA DE PRENSA DE ÓSCAR CANO PREVIA O SAN FERNANDO-DEPOR E LISTA DE CONVOCADOS : “A MIÑA MENTE OCÚPAA SER OUTRO EQUIPO, MÁIS AGRESIVO FORA DA CASA”.

 

Óscar Cano pasou por rolda de prensa coma cada previa dun encontro, para falar da actualidade do equipo e sobre o rival de turno. Desta volta o San Fernando, co que xogaremos o vindeiro Domingo 29 de Xaneiro a partires das 16:00 horas, (15:00 GMT), equipo que se levou na primeira volta os 3 puntos de Riazor, tras posiblemente o encontro máis asqueroso dos que vin nos 32 anos que levo visitando o noso estadio asiduemante. Un encontro no que por interrupcións, caidas de xogadores sobre o césoede, (chegou a haber ata 3 xogadores en diferentes zonas do campo, todos eles do san Fernando), tardanza en saque de porta, de faltas, saques de banda, etc…o balón estivo parado en máis de 42 minutos, e o final 0-1, co único tiro a porta na media hora de xogo, intre no que se acabou o encontro.

Falou dos novos, que xa van na convocatoria : “A Saverio e a Lebedenko vinos en perfecto estado para competir. Son xogadores do Deportivo e calquera pode entrar no once”, e desvelou un pouco o que espera do extremo : “Mario e Quiles buscan espazos interiores, é moi difícil suxeitalos por fóra. Con Kike Saverio buscamos un extremo que se estamos a defender moi baixos, a distancia considerable da portería contraria, sexa capaz de levarnos. É un mozo moi potente, con gran calidade para o un contra un. Sae para danar”.

Tamén falou a Rubén Díez, que entra na convocatoria,  e a Olabe : “El problema de Rubén es que ha tenido el virus de Ceuta y después fueron las vacaciones y estuvo algo débil. Cuando volvió cayó de nuevo y se le sumó además el problema muscular. Lleva cinco o seis semanas en las que no ha podido trabajar como debe…Roberto Olabe é un jugadorazo. O Eibar xa pagou unha cifra significativa por el. Día a día achéganos moitísimo, é un activador de todos os demais. Adestrando é unha besta. E esquecemos unha característica que tamén é importante: xoga moi ben ao fútbol. E é capaz de pasar en longo ben”.

Foi preguntado pola posible incorporación do central do Granada, Pepe Sánchez, polo que seica se está a interpoñer o Córdoba, seguindo ca teima do verán : “A Pepe Sánchez coñézoo máis polo que me contaron que polo que é. Vino xogar poucas veces. É un mozo competitivo e difícli de desbordar”.

Quer ser un equipo máis “agresivo” fora da casa : “Non facemos plantexamentos moi distintos entre xogar de local ou visitante, pero temos que ver que cando chega aquí un equipo o primeiro que fai é sacar fotos a Riazor. A atmosfera faillo máis difícil ao rival. Fóra de casa hai factores que explican que non haxa os mesmos resultados, pero unha gran ocupación da miña mente é ser outro equipo, moito máis agresivo…Os partidos fóra de casa, en canto a puntos non son malos. Levamos o 50 % dos disputados. Imos seguir perdendo algún partido fóra de casa, como todo o mundo. Logo está o terreo das sensacións e quero percibir que o meu equipo ofrece a cara tan rotunda e superior que ofrece en Riazor”.

Tivo palabras para os xuvenís, ao ser preguntado, pois estivo presente en Abegondo, xunto con Fran, Rosende, Martín Castiñeiras, e varios xogadores : “Dos xuvenís encantoume que non se renderon nunca. Podo nomear xogadores que me gustaron, pero quedo con que se empezou ben, houbo un momento de ballón do Atlético e… Que maneira de repoñerse. Esa sensación de non darse por vencidos e ver como pelexaron e que sentise que se ía a remontar. Hai catro cinco que, se os deixamos crecer como deben, teñen un gran futuro por diante”.

Todo esto que dixo e máis escoitando o vídeo.

 

LISTA DE CONVOCADOS

Retornan Mackay e Rubén Díaz, e quedan na Coruña, Raúl Carneo, e Isi Gómez, ambos traballando co readaptador físico. Tamén se quedou Max Svensson sancionado por acumulación de cartóns. Novas entradas tamén son as duas derradeiras fichaxes, Kike Saverio e Orest Lebedenko.

 

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies