ROLDA DE PRENSA DE ÓSCAR CANO PREVIA O DEPOR-CULTURAL LEONESA E BREVES DO DEPOR : “Véxome acabando o ano no máis alto da clasificación”.

 

Óscar Cano pasou por rolda de prensa coma cada venres antes dos encontros do Depor, e nela analizou o estado da plantilla, e o encontro deste Domingo 20 de Novembro, ante a Cultural Leonesa, (19:00 horas/18:00 GMT(, que para os que non poidades acercarvos a Riazor, será televisado pola TVG2, así como pola web da Televisión de Galicia, en ambos casos de balde, e en canle de pago, pola irlandesa Insports Tv.

Si onte era Antoñito, que se vía ca posibilidade de ser primeiros cando chegue o descanso navideño, hoxe o Cano, foi máis optimista e xa conta con eso : “Eu véxome acabando o ano no máis alto da clasificación. Vexo aos nosos adestrar e levamos unha boa dinámica en Liga. Pero tamén hai outros rivais que veñen agora. Partidos moi difíciles. Imos centrarnos neste gran equipo, a Cultural”.

Unha Cultural a que ve con moi bos ollos : “É unha das mellores plantillas da Cultural Leonesa das últimas tempadas. Bos laterais, bos centrais, centrocampistas con moito fútbol, e atacantes con determinación. Moito gol. Nesta categoría hai moitos e grandes equipos”.

Tamén foi preguntado sobre se querría a Lucas Pérez, que estes días esta de vagar na Coruña, co parón da 1ª División española polo Mundial : “Como non vou querer a Lucas Pérez?…Non teño información do club. Levo o mércores, xoves e venres e non falamos o caso. É un gran xogador, é de Primeira e gustaríame calquera xogador de Primeira. Máis aló non podo dicir, porque non teño nin idea”.

No vído podes escoitar os máis de 19 minutos da rolda de prensa.

 

Isi Gómez entrará na lista de convovados.

 

Adestramento con varios recuperados

O Dépor prestou especial atención esta mañá, no adestramento diario na Cidade Deportiva, ás accións de estratexia de cara ao partido deste Domingo. Ademais, o corpo técnico insistiu de novo, após un quecemento con rondos, nos remates a portería en diferentes situacións, incluído centros laterais.

Dani Barcia, Ángel Puerto e Brais Val foron os representantes de da canteira na sesión de hoxe.

Mañá sábado, o Dépor realizará un último ensaio previo ao choque ante os leoneses. Será en Riazor a partir das 10:30 horas, a porta pechada. Trala sesión darase a lista de convocados, na que xa poderían estar os lesionados Isi Gómez, Víctor Narro, Svensson, Rubén Díez e Víctor Narro. Non así, Pablo Martínez, Mackay e Villares, que no caso do primeiro podería estar para a semana, e no caso dos outros dous, a cousa parece que vai para máis.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia