Rolda de prensa de Óscar Cano previa ao encontro de mañán sábado en Riazor co CD Badajoz como rival, a partires das 17:00 horas, (16:00 GMT). Encontro en moi mal día e moi mala hora ao coincidir no día dos enterros e queimas do Entruido 2023. Unha festa con arraigo en toda Galicia e que fará que moitos socios non se acerquen a Riazor, coma se non houbese estes eventos únicos no ano. O encontro será televisado de balde pola TVG1 e pola web da CRTVG, e de pago por Insports Tv, que segue a ser desastrosa nas imaxes, nas repeticións e no comentarista, que o fai dende a sua casa e moi mal.
No encontro da primeira volta no Nuevo Viveiro, nun partido accidentado e costa arriba xa coa expulsión de Mario Soriano no minuto 64, gañaron os estremeños aos branquiazuis cun gol de Francis Ferrón no minuto 96, na última acción do partido.
Óscar Cano ademáis de falar do rival e do Depor, ca sua verborrea típica, deu a lista de convocados, na que temos as novidades do fabrilista, Barcia e do xuvenil Diego Gómez. Causan baixa por lesión, Jaime Sánchez, Zalazar, Svensson e por sanción, Villares.