ROLDA DE PRENSA DE ÓSCAR CANO PREVIA AO ALCORCÓN-DEPOR : “É un partido que para min non é definitivo, nin vai marcar o devir da segunda volta”.

Óscar Cano pasou por rolda de prensa e analizou o encontro ante o Alcorcón, e falou sobre o feito da pasada semana prescindir dos dous laterais puros do equipo que tiña, o estar lesionados os titulares, e optou polo mesmo que dixo durante a semana, foi “cousa táctica”. Non discutimos que a xogada lle saeu ben, pero non estamos de acordo para nada a hora de pecharlle as portas a dous xogadores aos que non se lles deixa amosar a sua progresión. Os xogadores sen minutos non crecen.

“Creo que o ruído que se xera ao redor de xente tan nova como Trilli prexudica a protagonista. Nós sabemos como está cada xogador no momento preciso. Atopeime cun Trilli súper educado e intelixente, co que se pode falar. O que teño claro é que o seu futuro non depende dun partido, nin de dous”.

Sobre o Alcorcón dixo que : “Esta cheo de bos xogadores, é un proxecto moi ambicioso. Queren estar en Segunda. Se hai dous futbolistas diferenciais nese persoal son Pedro Mosquera e Javi”.

Non cree que o encontro sexa tan trascendente, (que alguén lle conte o que foi o Santander tras gañar en Riazor o ano pasado, e se foi trascendente ou non) : “É un partido que para min non é definitivo nin vai marcar o devir da segunda volta, pero supoñería unha lombeirada para este plantilla”.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia