Óscar Cano pasouse por rolda de prensa como cada semana os venres antes do encontro da xornada. Neste caso o Rayo Majadahonda, que visitará o Estadio de Riazor mañán sábado, para enfrontarse o Depor a partires das 19:00 horas, (18:00 GMT), coas cámaras da TVG2 e de Insports TV en direto. Cano abordou a actualidade do Depor, tanto no que se refire ao vindeiro encontro, coma sobre o pasado, e os movementos en canto a fichaxes. Fálase e créese que en breves será anunciado a fichaxe do lateral esquerdo do CD Lugo, o ukraino, Lebedenko.
Cano foi abordado sobre temas moi de actualidade, e que sacarons berrugas no deportivismo, como a non inclusión de Trilli no once de Alcrocón, e xogadar sen laterais, un dos puntos que explotou o equipo madrileño para levarse a vitoria.
Entradas para o San Fernando-Depor
A Federación de Peñas Deportivistas anunciou que o San Fernando ten a venda enrtadas a 15 euros para a afección visitante vía online, xestionadas por eles mesmos e logo poñerá o resto de entradas a venda. Serán 600 as que lle cede os deportivistas que queiran ir todos xuntos. Podes mercalas neste enlace : https://sanfernandocd.compralaentrada.com/eventos/6312/6198
Lebedenko será deportivista en breve
Ainda que o clube non fixo oficial a fichaxe, dende varios medios xa apuntan que está pechado e o xogador podería incluso estar mañán para o encontro ante o Majadahonda. Fálase de que chega fichado ata o 2024. Pola sua banda, Granero, tal como xa vos apuntabamos na nosa web, xa se enrolou no CD Castellón, e dende Alacante, anuncian a cesión ata final de tempada de Retu.
O Deportivo Feminino recibe o Cacereño cas cámaras da TVG2
O Deportivo ABANCA recibe en Abegondo a unha das sorpresas da liga, o CP Cacereño, mañá sábado 21 a partir das 12:00 horas (TVG-2), en partido correspondente á 16ª xornada, primeira da segunda volta.
Co triunfo en Granada, As Nosas suman 31 puntos e recuperan o liderado de Primera Federación FutFem, con 1 punto de vantaxe sobre a SD Eibar (2º con 30) e con 3 sobre precisamente o CP Cacereño e DUX Logroño, ambos con 28 puntos.
O Deportivo Xuvenil-Atl. de Madrid en direto por YouTube
O RC Deportivo activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva de Abegondo para o partido de oitavos de final da Copa del Rey Xuvenil do mércores 25 ás 18:00 horas entre o Dépor e o Atlético de Madrid (www.youtube.com/rcdeportivo).
Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar aforo e sen ningún custo adicional, todas as persoas socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia