Obrador pasou pola sua peimeira rolda de prensa tras debutar como titular e amosouse contento da sua titularidade e confesou estar xa o cen por cen tras unha “pretempada rara”, na que comezou adestrando co Real Madrid, pero logo estivo un mes sen xogar e notou unha “pequena baixada”. O rapáz ve que o equipo “está tranquilo polas sensacións que temos en Abegondo”, apunta que por como están xogando : “os puntos cghegaarán”, e tamén se amosou “impactado” polo “calor da xente e o apoio en Riazor”.
O que dixo en rcdeportivo.es :
Rafa Obrador pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo.
Ve ao equipo “tranquilo porque confiamos no traballo que facemos día a día aquí en Abegondo. Isto non é como empeza, é como acaba. Xa se demostrou o ano pasado que non se empezou do todo ben e terminou subindo a Segunda”.
Nesta liña, sostén que o Dépor encara o partido deste venres 27 de setembro ás 20:30 (LaLiga TV Hypermotion e #Vamos) no Estadio Carlos Belmonte ante o Albacete Balompié “coa mente fría, con tranquilidade. Confiamos, como dixen antes, no traballo que facemos día a día aquí. Esforzámonos cada día, imos traballar este partido para conseguir os 3 puntos”.
Cre que “en liñas xerais o equipo está a xogar ben. Penso que en todos os partidos que xogamos estivemos á vez ou mesmo mellor que o rival; e estannos penalizado pequenos detalles”.
O defensor branquiazul tamén se mostra convencido que “as ocasións e os goles van chegar porque o equipo xoga ben, está con ganas, arriba temos xogadores de gran calidade… Ao final os goles van chegar”.
Pide “unha pequena mellora en ambas as áreas, non conceder algunhas accións e terminar de conseguir algúns goles que necesitamos”.
Despois de estrearse no once inicial o pasado sábado ante o Burgos CF mostrouse “moi contento pola miña primeira titularidade co Dépor, en ABANCA-RIAZOR, en Segunda; así que moi contento de poder sumar minutos co equipo”.
Opina que estas semanas con menos minutos de xogo “servíronme para ir vendo como traballa o equipo, ir adaptándome aos compañeiros, ao corpo técnico. Foron semanas de traballo para irme preparando”.
O lateral deportivista insiste en que “a paciencia é clave neste deporte. Traballando e adestrando a oportunidade chega”.
Conta sobre o ambiente de ABANCA-RIAZOR que “para min é algo novo. Veño de Primera RFEF, onde adoita haber 1.000, 2.000 afeccionados como moito e a verdade que impacta: a adrenalina, a calor de #ANOSAFORZA. A verdade é que estou impresionado, pero moi contento”.
Finalmente explica que non puido acabar o choque ante os burgaleses pola “inactividade. Foi unha pretemporada distinta para min. Levaba mes e medio sen xogar un partido entón fisicamente noteime un pouco cargado ao final, con algúns tiróns que me impedían facer algunhas aceleracións. Pedín o cambio porque pensaba que podía prexudicar ao equipo”.
-Foto e vídeo : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa/RC Deportivo
-Texto en castelán : https://www.rcdeportivo.es/noticias/obrador-pide-una-pequena-mejora-en-ambas-areas-no-conceder-algunas-acciones-y-terminar-de-conseguir-algunos-goles