ROLDA DE PRENSA DE NOEL : “NO…PERO SI”, (SOBRE A SUA CONTINUIDADE).

 

Noel López pasou por rolda de prensa esta mañán, tras chegar o mércores a Coruña e adestrar pola tarde co equipo, e antes do adestramento de pola mañán.

Xa hai gañas de velo xogar en punta, e se nada se torce este vindeiro sábado, (19:00 horas-18:00 GMT), terá a oportunidade, a menos que se lesione, xa que o Comité de Competición non lle retirou o segundo cartón que veu en ABANCA Balaidos, algo xa esperado, vendo o trato que está a ter o noso clube nos entes federativos e arbitrais.

O rapáz de Silleda foi preguntado se se vía para o ano con outra camiseta, ao que en primeira instancia contestou  que sí. Minutos despois rectificou e dixo que : “Entendín que a pregunta era se me vía coa camiseta do Deportivo”.

Seguiron as preguntas e afirmou ter boa “sintonia” co corpo técnico : “Moi boa relación con staf técnico. Son decisións deles. Todo o mundo quere xogar o máximo posible”, e que se xogaba o vindeiro sábado sendo o único dianteiro : “Non é unha responsabilidade. Sempre hai que dar o máximo para gañar cada semana”.

Voltaron o tema da sua continuidade e de se estaba contento no depor : “Estou contento aquí, a afección está conmigo, e integrado no grupo. E teño que valoralo”, amosando xa unha fisga de dúbidas, co de “teño que valoralo”. Pero tamén dixo antes que “é o equipo da miña vida e estou ben aquí”.

E tras valorar o fisco ca Sub-19, (quedaron fora do europeo ante unha Dinamarca que non se xogaba nada), preguntáronlle de novo sobre as negociacións da sua renovación : “É un tema que levan os meus axentes co club. Só estou centrado na tempada”.

O final deixou máis dúbidas que concrecións. Primeiro fora, logo dentro, logo contento, logo ten que valoralo, para acabar co tópico de que é cousa dos seus axentes, tan levado e traido no mundo do fútbol, e co paso do tempo, sí sabía todo o xogador de turno, e sí estaba tan pendente diso coma de xogar.

Día de sacar follas a margarida en Abegondo, e o final, as preguntas non optiveron ningunha resposta que satisfaga aos afeccionados, que quedamos como estábamos.

Rosenda fai un mes decía, (e o presidente Couceiro tamén), que a “pelota estaba no tellado do entorno de Noel”, segue igual, e agora dando tumbos.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto . piratasdemuxia