ROLDA DE PRENSA DE NARRO : “QUERO TRASMITIR TRANQUILIDADE…OS RESULTADOS VAN A CHEGAR”.

 

Víctor Narro confesou esta tarde na sala de prensa de Abegondo que na súa posición de carrileiro zurdo, que vén desempeñando nos últimos partidos, atópase “a gusto. Onde me poña o adestrador teño que estar a gusto, teño que render aí e se aí ponme o adestrador é porque pensa que aí o vou a facer mellor, que podo achegar ao equipo nesta situación. Teño diversas posicións, carrileiro, banda esquerda, dereita… Onde o míster desexe”.

Explica que Borja Jiménez “me pide o de sempre, que sexa eu, que traballe tanto ofensiva como defensivamente. Sei que en aspectos defensivos teño que mellorar, non é a miña posición habitual. Referíndome ao equipo creo que podo achegar moito tanto aí como noutra posición”.

É consciente de “a presión que hai aquí e onde estamos. Estamos nun club grande e hai presión, o obxectivo é ascender. Sabemos que #ANOSAFORZA neste momento non está a gusto, está un pouco desgustada co equipo. Eu a transmitir tranquilidade, creo que o equipo vai mellorar día a día e estou seguro que os resultados van chegar”.

En opinión do atacante branquiazul “estamos a xogar ben, xerando ocasións, pero non estamos a materializar as que temos e nese aspecto temos que mellorar. Cada día de adestramentos facemos finalizacións e estou seguro que os goles van chegar, os resultados van chegar. Pedir tranquilidade a #ANOSAFORZA”.

Admite que “estamos a ter un pouco de problemas nas transicións. Estamos a atacar con moitos xogadores e é normal que ás veces che pillen en superioridade na parte ofensiva deles. Estamos a traballar finalizar e cando finalizemos os repregamentos rápidos, a marcaxe. Non creo que sexa un tema de traballo. Temos que seguir concentrados nos partidos e mellorar neste aspecto”.

Tamén ve “nerviosismo porque non están a saír os resultados, pero manexámolos ben no vestiario, falando tanto os capitáns como o míster e transmitindo tranquilidade; que isto vai ben, que até a última xornada contra o San Fernando CD Isleño non perderamos, que puntuaramos en todas. Hai que seguir, xogar como sabemos. Está claro que non estamos ao noso maior nivel. Toca traballar cada día en adestramentos e cando saltemos ao campo, a gañar”.

Preguntado por Borja Jiménez, defíneo como “un grandísimo adestrador. Traballa moi ben. Non só el, o corpo técnico, o tema de análise do rival… Imos para adiante e hai que seguir igual, analizando ao rival no que son bos, no que non tanto e onde podemos facer dano”.

-Foto, Texto e Vídeo : rcdeportivo.es/RC Deportivo YouTube