ROLDA DE PRENSA DE MULATTIERI : “PENSO EN TRABALLAR PARA O EQUIPO INDEPENDENTEMENTE DE QUE FAGA GOL”.

 

Samuele Mulattieri pasou por rolda de prensa e durante máis de 7 minutos desgranou a actualidade en torno a él e aos seus compeñairos. O dianteiro resta importancia á falta de gol e reivindica o traballo colectivo

O atacante branquiazul afronta con tranquilidade a súa sequía goleadora e pon o foco no rendemento do equipo por riba das cifras individuais.

“O importante é que o equipo funcione. Eu trato de axudar en todo o posible, máis alá de marcar ou non. Enfronto cada partido coa mentalidade de aportar e traballar polo grupo”, explicou o xogador.

Sabe que para un dianteiro os goles son parte do oficio, pero insiste en que o seu labor vai máis aló da área rival:

“Claro que é bonito marcar, pero estou aquí para traballar polo colectivo. Iso é o que realmente conta”.

 Un duelo ante un histórico en horas baixas

O futbolista destacou tamén a relevancia do próximo encontro ante o Málaga CF, un club con pasado ilustre que busca recuperar o seu lugar.

“Será un partido importante contra un equipo histórico, cun gran ambiente no estadio. Estamos preparados para competir con todas as garantías”, apuntou.

 Cómodo con Zaka, pero tamén só en punta

Acostumado a distintas disposicións ofensivas, o dianteiro asegura sentirse cómodo con calquera esquema:

“Xoguei varias veces con Zaka e enténdome ben con el, pero tamén me atopo a gusto en punta só ou con un mediapunta por detrás”.

 O que lle pide o adestrador

O xogador desvelou cal é a principal esixencia de Hidalgo:

“O míster pídenos, a min e ao resto, traballo e activación constante. Quere que cheguemos a cada encontro coa máxima intensidade”.

 A ausencia de Mella

Preguntado pola baixa do seu compañeiro Mella, o dianteiro amosouse confiado:

“Levo moi boa relación con el e enténdome ben, pero tamén co resto dos atacantes. O importante é que quen entre estea preparado, porque todos temos calidade para aportar”.

 O impulso de Riazor

O xogador non oculta o orgullo que lle produce xogar ante o público coruñés:

“Riazor é un escenario impresionante. A afección empúrranos en cada partido e sentimos esa responsabilidade de devolverlles o apoio dando o máximo”.

Adaptado á vida na Coruña

Totalmente asentado na cidade, asegura sentirse como na casa:

“A Coruña é fermosa, ten mar, boa xente e un gran ambiente de fútbol. Cos compañeiros e o corpo técnico todo é máis doado. Teño todo o que necesito para render ao mellor nivel”.

 Un detalle co vestiario polo aniversario

O dianteiro tamén tivo un xesto de camaradería co grupo con motivo do seu aniversario, acercouse a unha tenda con delicatessens italianas para compartir cos compañeiros:

“Quixen compartir algo especial e trouxen produtos italianos dunha tenda da cidade para celebrar con todos. Foi unha maneira de agradecer o cariño do vestiario”.

-Foto e vídeo : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”