ROLDA DE PRENSA DE MUJAID : “SE O MISTER QUER ESTOU A SUA DISPOSICIÓN”.

 

Mujaid pasou por rolda de prensa e afirmou estar en plena forma para xogar e bríndase a o “que queira o mister estou listo”. O rioxano explicou que cando estivo en Londres ca sua familia tivo 38 de febre e logo nas probas deu que tiña anticorpos : “pero nada máis, non hai que darlle máis importancia”.

O central deportivista recoñeceu que houbo contactos para a sua ampliación de contrato e espera gañarlle ao Sporting : “que sería moi bo comezar gañando de cara o resto da competición”.

Sobre a posibilidade de que non tarde en haber púbrico nos campos dixo que : “para nós é vital os nosos afeccionados na grada”, pero de todos modos : “imos a sair a gañar”.

No vídeo podes escoitar ao completo o que dixo.

 

Hugo Vallejo lesionado

Estiveron á marxe do grupo Aketxe, que traballou co readaptador Fran Molano; Hugo Vallejo; e Valín, este con unhas molestias nun cuádriceps, pendente de evolución nos próximos días.

Sobre Hugo Vallejo o clube fainos chegar o “Parte Médico” : 

“Hugo Vallejo estará uns días á marxe do grupo a consecuencia dunha lesión muscular no semitendinoso da súa perna dereita. A medida que a evolución o permita, o atacante deportivista iniciará o seu proceso de readaptación co readaptador do primeiro equipo, Fran Molano; como paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo”.

 

-Foto, Vídeo e Texto :  RC Deportivo/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.