ROLDA DE PRENSA DE MUJAID SADICK : “CREO QUE O OUTRO DÍA MERECEMOS GAÑAR”.

 

Mujaid pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo. O central deportivista, de 19 anos, recibiu na súa comparecencia ante os medios de comunicación o ‘apoio’ dalgúns futbolistas do vestiario branquiazul, cos que garda unha relación máis estreita: Aketxe, Nolaskoain, Sabin Merino ou Hugo Vallejo. “Veñen para que haxa bo rollo”, chancea o central deportivista.

Asegurou que o partido ante o Girona FC “merecémolo gañar. Tivemos mala sorte co empate. Toca pensar no partido do domingo e tentar sacar unha vitoria” ante o Real Zaragoza en La Romareda (16:00 horas, #Vamos).

Vaticina ante os maños un “partido complicado. Cremos que imos sacar os 3 puntos alí”.

Prefire non tocar o tema arbitral do pasado venres en ABANCA-RIAZOR: “Isto é fútbol. Toca non lamentarse e pensar xa no próximo partido”. Iso si, considera “rara” a expulsión de Vicente Gómez, segundo a acta arbitral por dicirlle ao colexiado, nada máis concluír o encontro, ‘hoxe non estiveches ben, non pódoche felicitar. Mal, hoxe moi mal’. “Son decisións que se toma o árbitro e non podemos facer nada”, conclúe Mujaid.

A nivel individual, o defensor deportivista confesa estar “con moita confianza. Están a saírme ben as cousas e estou moi contento”.

Nestes momentos doces, acórdase principalmente de “o meu pai. Axudoume moito a levar todo isto ben. Sempre me dicía que estivese tranquilo, que traballase, que todo chegaba. E así foi”.

Internacional en varias das categorías inferiores da selección española e campión dos últimos Xogos do Mediterráneo, non se expón a súa presenza o próximo verán nos Xogos Olímpicos de Tokio: “Non está na miña cabeza. Se a selección chega, pois chega. Agora mesmo estou centrado no Deportivo. Nada máis”.

Subliña que a lesión de Somma “fodeunos moito a todos, sobre todo por el. Pero creo que hai xogadores de suficiente calidade para sacar isto adiante”. Márcase como obxectivo que nos próximos partidos non se note a súa ausencia e recalca que “hai moitos xogadores de calidade atrás”.

De feito, define por exemplo a Peru Nolaskoain como “un gran xogador. Cumpre tanto como de mediocentro como de central”.

O internacional deportivista sente cómodo tanto en defensa de 5 como de 4: “Estou cómodo nos dous esquemas”. Iso si, admite que prefire “xogar de central” a ser lateral dereito. “Cando estivo Luis César púxome de lateral. Pero con tal de axudar ao equipo, coma se ponme de porteiro”, conclúe.

En canto aos obxectivos do Dépor, Mujaid advirte que “agora mesmo estamos a pensar en tentar afastarnos do descenso. Logo xa se verá. Se se pode entrar en playoff, ben para todos”.

A rolda de prensa completa no vídeo.

-Foto e Texto : rcdeportivo.es

-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo

Nos nosos “Vídeos Recomendados” abaixo de todo na portada da web tes ao instante tódolos vídeos que colga o RC Deportivo no seu canle de YouTube, incluso antes de falemos deles como noticia.

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies