ROLDA DE PRENSA DE MONTERO : “O MISTER PÚXONOS AS PILAS E SAIMOS DOUTRA MANEIRA”.

 

Montero  pasou por rolda de prensa, unha rolda de prensa bastante fría, seca, na sua maneira de contestar, moi lonxe de xente coma Álex, Dani, Eneko, ou Borja, por nomear aos que cando falan fano con criterio e o mesmo tempo son amenos.

O central madrileño sabe que fixo un mal partido o día do Málaga, pero considera que : “Somos persoas e é entendible, pero para iso está o adestrador e os compañeiros máis veteranos. Para axudarche a arranxar as cousas e que non volva suceder”.

Sobre o troco de mentalidade en Santander na segunda metade dixo que : “O míster púxonos as pilas e reaccionamos doutra maneira. Xa sabemos como temos que saír. Díxonos o que estabamos a facer mal, rectificamos e saímos enchufados”…”Téñennos que meter un gol ou facer unha ocasión para que despertemos. Debemos ser nós os que demos ese primeiro susto e que non nos metan gol para reaccionar”.

Sobre porqué quita as gafas no segundo tempo afirmo que é por cuestións climatolóxicas : “Aquí na Coruña hai moita humidade e empáñanseme”.

Gústalle o apoio da afección e por iso tiveron o detalle con eles en Santander, polo seu apoio e dí que “é un placer que nos acompañen e que nos apoien”.

A rolda completa no vídeo.

 

-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo

-Foto : piratasdemuxia.es

Abaixo de todo da web nos nosos “Vídeos Recomendados” tes este vídeo e tódolos que sube o RC Deportivo, tanto do primeiro equipo coma do resto de cousas.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.