ROLDA DE PRENSA DE MOLLEJO : “Non é ningún accidente, estamos “pechacancelas” e hai que ser conscientes diso”.

 

Víctor Mollejo pasou por rolda de prensa e desborda coma sempre ilusión contaxiante e quer xogar ante o seu púbrico e acadar a vitoria para él : “A min persoalmente gústame moito xogar en Riazor. Creo que é un estadio no que se respira fútbol e encántame. Sempre é bo volver ao teu estadio. A xente está a responder que dá xenio e xogo con ganas e ilusión. A ver se podemos darlles xa unha vitoria”, dixo o xove madrileño do Depor.

Non lle pesa que recaia sobre él máis responsabilidade da que tería que ter sendo un xuvenil : “Son un mozo con personalidade e gústanme os retos. Pero non me gusta que se mire a idade, senón o que demostro no campo. Ter 18 anos non é ningún hándicap. Se toca tirar do equipo por momentos, fareino encantado. No vestiario hai xente con moita personalidade e con moitas ganas de demostrar cousas”.

Non cré que ser colista sexa un accidente, pero apunta a que hai que ter persoaliudade para sair de aí : “Non é ningún accidente, estamos pechacancelas e hai que ser conscientes diso. Saber a situación na que estamos pero que non nos exceda porque entrarías nun ciclo negativo. Hai que ter personalidade, se non nos atrevemos a facer cousas non imos saír de aí”.

A rolda completa con moito máis mirando o vídeo de 10:46 minutos.

 

-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo

-Foto e texto: piratasdemuxia.es

Abaixo de todo da web nos nosos “Vídeos Recomendados” tes este vídeo e tódolos que sube o RC Deportivo, tanto do primeiro equipo coma do resto de cousas.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.