ROLDA DE PRENSA DE MIKU : “ISTO É O DEPOR ESTAMOS NUN EQUIPO QUE XOGOU CHÁMPIONS”.

 

 

Miku pasou por rolda de prensa e valorou o parón de positivo, tnto para ir collendo a forma como para coñecer mellor a cidade, él a sua familia.

Sobre a sua mellora considera que está xa nun nivel mi avanzado : “Diría que estou a un 80 por cento da miña capacidade física. Tecnicamente estou igual, pero cando un está ben fisicamente o aspecto técnico sae a relucir e iso é o que buscamos. Asimilar traballo de cargas, estou mellor de quilos e de graxa… E esa última faísca que creo que me falta dana os partidos. Ese ritmo de xogar moitos minutos, ese plus. Cando ves a un xogador que participa asiduamente e outro que sae de refresco, por moi ben que queiras facelo, nótase. Faltan minutos, pero non me desespero. Sempre respectei as decisións do adestrador e ambos queremos o mellor para o equipo”.

Sobre Rola considera que xa é “un máis” e que : “Vén adestrar e está a se poñer a ton despois da inactividade. Pero é un xogador que pode axudar. Descoñecemos os aspectos de futuro, que vai pasar, o mercado… pero o grupo o que acollido ben. Porque temos un grupo moi san. Con xogadores comprometidos e un bo ambiente”.

Di entender as críticas o xogo do equipo : “Isto é o Dépor, estamos nun equipo que xogou a Champions, foi campión. É normal que unha afección afeita ao éxito e que tivo ao seu equipo noutra categoría, teña esa crítica…Temos que dar máis, o equipo xa deu un troco positivo”.

Tamén considera que vai a ser “importante”, de “maneira positiva”, que Fernando Vázquez volova a banda. “O equipo soubo sobrepoñerse a que non estivera na banda, pero coido que vai a ser positivo”.

-Para o venezolano  “somos o Depor, non pode haber excusas, e non ten que importar o céspede, o contrario, o balón, que non haxa púbrico…”.

 

Adri Castro baixa por contacto direto cun contaxiado COVID-19

O canteirán Adri Castro terá que gardar 10 días de corentena, por haber tido contacto direto cun contaxiado co COVID-19. Terá que facer as pertinentes PCR e se da negativo agardar os 10 días de corentena, polo que se perde a xoranda, sexa co Fabril, sexa co Depor, da vindeira fin de semana.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies