ROLDA DE PRENSA DE MIGUEL LLORENTE : “Non ataquei ao código ético e volvín a adestrar. Non tiven ningunha sanción. Sempre se pode mellorar”.

 

Miguel Llorente pasou por rolda de prensa para falar do “affaire” que o levou a ser apartado do equipo por duas semanas, tras recibir o clube un anónimo de malas conductas do adestrador do equipo feminino, no que xa poñían por diante que nada que ver con “acoso sexual”, nen nada polo estilo.

Llorente explicou como se deu esta situación da que foi absolto na sua totalidade : “O venres 18 de marzo Ana González transmíteme que quere deixar o equipo, porque non estaba cómoda. Dígolle que se tome dous días libres e o martes vemos. Ese día o club notifícame que Ana deixou o cargo. Ao chegar ao adestramento as xogadores tiñan unha carta súa. Ao día seguinte chega un mail anónimo ao Complience. E ábrese unha investigación de 25-26 persoas sobre actuacións que tiven eu. É o que pasou. E hase resolvido que non cometín ningún acto irregular contra ninguén. E volvendo á normalidade. Sempre estiven tranquilo”.

Deulle as gracias a sua xente e o clube pola maneira de actuar : “Quero dar as grazas á miña xente, ao club, porque se comportou moi ben desde o sentido común. Quero facer un acto de empatía cara ás xogadoras, porque esa carta enfádalles moito. Entendo a súa reacción e considéroa lóxica”.

Tamén falou sobre Ana  González que deixaba o equipo no medio dista treboada : “En ningún momento Ana González díxonos que sentise mal. Pillounos por sorpresa. Non coñecemos os motivos. Sorpresa total cara ao seu comportamento desmedido e desmesurado”, dixo sobre a ex compañeira e abreulle as portas do equipo : “Tendo a man a Ana González, porque o que quero é aprender. Entendo que hai algo que podo facer mellor”.

Outra das cousas que verteu na comparecenza foi o seu malestar pola maneira de acturar da sociedade niste caso : “Como se pode facer tanto dano a unha persoa, porque pasei dúas semanas moi complicadas. Seguro que podo mellorar, pero non me merezo isto nin eu nin ninguén. Traballo desde a emoción e a paixón. Recibín mensaxes de ameazas de morte. Acúsaseme de acosador laboral. Vinme envolvido en titulares en redes sociais de escándalo sexual. Hai que facer todos autocrítica. Que necesidade hai de lapidar a unha persoa. Todo o mundo ten que facer unha reflexión. Todos podemos mellorar. Sempre vexo o vaso medio cheo, pero hai que ter coidado. É unha aprendizaxe para todos”.

En breve colgaremos o vídeo con todo o que dixo. Na parte dabaixo da nosa portada da web tes tódolos vídeos que emite o RC Deportivo, xa no mesmo intre que o fai.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia