ROLDA DE PRENSA DE MIGUEL LLORENTE ADESTRADOR DO DEPORTIVO FEMININO SOBRE O ENCONTRO DE LIGA E O DE MAÑÁN DA “COPA DA RAIÑA”.

 

Miguel Llorente pasou por rolda de prensa para falar sobre todo do encontro da Copa da Raiña, que se xogará a encontro único mañán mércores 6 de Outubro a partires das 19:30 horas, (17:30 GMT) e que será retransmitido en directo en www.youtube.com/cfpozuelotv.

 

O Deportivo ABANCA xógase seguir vivo na Copa de la Reina mañá mércores 6 de outubro na Cidade Deportiva Valle de las Cañas ante o CF Pozuelo, con motivo da primeira eliminatoria que se decidirá a partido único en campo madrileño.

Miguel Llorente realizou esta mañá a última sesión de adestramento en Abegondo, minutos antes de subirse ao autocar.

Regresa á convocatoria a gardameta María Sampalo pero o técnico deportivista perde por lesión a Eva Dios, Andrea Sierra e Alba Merino, da que Miguel Llorente en rolda de prensa confirmou que sofre “algunhas molestias no xeonllo” e que está á espera da avaliación médica: “Está un pouco amolada, pero non sabemos moito máis”.

Aroa Guerra será a única representante de #ANOSACANTEIRA para esta cita copeira.

 

-Texto, Vídeo e Foto : rcdeportivo.es