ROLDA DE PRENSA DE MICHELE SOMMA : “Non somos o peor equipo da liga, en absoluto. Estou convencido de que sairemos desta”.

 

Michele Somma pasou por rolda de prensa e volve a sentirse futbolista. Un xogador que apuntaba a ser o “Kaiser” da zaga deportivista e que se baixou do barco na segunda xornada de liga ante o Huesca, por unha lesión de xeonllo, que como informaou tocoulle : “o ligamento do xeonllo, ainda que o primeiro parecía un golpe, había algunhas fibras do ligamento que estaban rotas”, e que volve con moitas gañas e será titular a carón de Eneko Bóveda polas baixas de Montero, sancionado e ca Selección Española Sub 21 e Lampropoulos ca Selección de Grecia. O italiano non cré que a longa inactividade lle vaia a pasar factura : “Traballei moito nos meses que estiven fóra e non creo que vaia a ter problemas”, decía.

O italiano falou da necesidade dunha vitoria para comezar a “sacar o equipo de onde está”, e que está convencido de que “sairemos desta situación”. Tamén falou de como ve os seus compañeiros de equipo : “Díxeno a principio de tempada, creo que temos un bo equipo. Vexo adestrar aos meus compañeiros todos os días, temos bos xogadores e non somos o peor equipo da liga, en absoluto. Estou convencido de que sairemos desta”. Tamén dixo que sufría como o que máis : “Ainda que estivese fora, se sofre o equipo sufro eu”.

No vídeo de 8 minutos de duración tes arolda de prensa o completo.

Abaixo de todo da web nos nosos “Vídeos Recomendados” tes este vídeo e tódolos que sube o RC Deportivo, tanto do primeiro equipo coma do resto de cousas.

 

MANUEL MOSQUERA

O técnico coruñés, Manuel Mosquera tivo presente na sua rolda de prensa semanal o Depor e dixo que para él é especial este encontro xa que “a parte especial nunca se quitará cando me vaia a enfrontar o Deportivo”, e que : “Sorpréndeme a situación que teñen eles, pero déixoo aí. Ao final debemos pensar que o fútbol é por ciclos. O Estremadura é o máis importante para nós, é quen me importa”.

 

DIEGO CABALLO

O lateral esquerdo Diego Caballo de recente pasado deportivista dixo que para él era un encontro “especial” e que se “enorgullece que na Coruña se sigan acordando do que fixo alí” e que : “É difícil entender a situación que viven, desde que te expós uns obxectivos ao principio da tempada. Asumir agora que ese obxectivo é salvar a categoría debe ser complicado”.

 

-Texto : piratasdemuxia/vídeo RC Deportivo/Extremadura

-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo : 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies