Massimo Benassi e Fernando Soriano pasaron por rolda de prensa para falar de toda a actualidade do clube a día de hoxe e tralo peche de moitas operacións e a permanenza doutras, así como o comezo de algunhas. Ambos con total claridade contestaron a tódalas preguntas dos xornalistas que levan a actualidade o noso clube e do noso equipo. Un exercicio de total trasparienza en tódlos temas, sen prisas por aclarar e dar luz a tódalas preguntas cun diálogo ameno e sin evitar preguntas, agás as normais de cantidades, comprensibles hoxe en día pola protección de datos.
Benassi falou sobre o estado das negociacións co Concello da Coruña de cara a ampliación do Estadio de Riazor de cara o Mundial 2030, do Fondo CVC, e doutros asuntos que tocaban a ambos entrevistado, sen problemas a hora de contestar de modo conxunto. Pola sua banda Soriano explicou con todo detalle o tope salarial, o estado da plantilla, a cesión, (que non querían), de Rubén, así como a de Chacón, Ochoa, Simao…As fichaxes e cales tiveron que pagar, (Patiño ven libre con condicionantes en caso de venta), que Lucas ten ficha ata que él queira ou se vexa en condicións, que o Brighton inglés pagaba a clausula de Mella, e él non quixo deixar o clube, Rubén e a maneira de actuar do Barcelona para levalo cedido, a marcha de Cayarga e porque non se rescindeu ata derradeiro intre, a fichaxe de Gauto, etc…
Unha rolda de prensa de máis de unha hora, moi productiva e amena para enterese de moitos asuntos sen o “disque”…
-Foto e vídeo : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”