ROLDA DE PRENSA DE MARTÍ E DANI GIMÉNEZ

 

 

 

JOSÉ MANUEL MARTÍ NA PREVIA DO ENCONTRO

José Manuel Martí pasou por rolda de prensa como cada semana na previa ao encontro que se dispute. O seu discurso é sempre o mesmo, a defensa ultranza da implicación dos xogadores, o agradecemento a afección e a petición do maior apoio e o convencemento en que co traballo que estan a desenrolar conseguiran o obxetivo. Neste caso o de gañar o seguinte encontro.

Vaia por diante que neste encontro non hai excusas. É unha final como foron moitos outros encontros que se houbésemos gañado estaríamos ascendidos, pero neste multiplícase o factor de que non hai excusa porque se non lle gañamos ben a un equipo descendido, que chega por estrada e cos que considerou o adestrador que merecen viaxar, despois de meter a parir o resto ata decir que : “decían estar lesionados para non xogar e non dar a cara”. Se non lle gañamos a este equipo defenestrado, que pintamos nun “Play-Off”?…non acaso os que van a promoción menos rivais ca estes?…Non hai excusa.

DANI GIMÉNEZ “XOGADOR ESTRELLA” DO MES DE MAIO

O meta Dani Giménez, un dos poucos quye cando falan din algo interesante e coherente, atendeu aos medios en Abegondo e recibeu o premio ao “Xogador Estrella” como mellor xogador do mes de Maio.

Abaixo nos nosos “Vídeos Recomendados” na portada da web podes ver os vídeos da rolda de prensa de José Manuel Martí e o de Dani Giménez atendendo os medios e co premio “Xogador Estrella de Maio”.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es