ROLDA DE PRENSA DE MARIO SORIANO : “POUCOS ENCONTROS SE NOS VAN A ESCAPAR XOGANDO O NIVEL DE CONTRA A CULTURAL”.

 

Mario Soriano pasou por rolda de prensa e amosouse contento co nivel que está dando o equipo, a tenor do visto ante o Cultural Leonesa : “Sabemos que contra a Cultural xogouse un primeiro tempo moi bo. Logo, na segunda parte, estivemos máis descontrolados, pero o equipo está moi ben. Este é o nivel que temos que dar. Poucos partidos van escapar xogando a este nivel”.

O de Alcalá pensa que os encontros que quedan de aquí a final de ano son moi importantes no devir da tempada, antre eles os enfrontamentos directos ante, Fuenlabrada, (Domingo ás 17:00 horas/16:00 GMT), Córdoba e o Ferrol : “Temos tres partidos contra rivais directos, e outros dous fose en Badaxoz e Ceuta, e todos serán importantes para que ao final de ano véxase a clasificación como está. Para que esteamos aí arriba vai ser clave conseguir os máximos puntos posibles… e logo, que non nos pase como o ano pasado, que empezou o ano cunha boa diferenza de puntos, pero estivemos desacertados, sobre todo fóra, e esa vantaxe desaproveitámola”.

Non se acordaba do “affaire” co Fuenlabrada, ata que o falra co fisioterapeuta do equipo madrileño, llo lembrou, xa que non podía collerlle entradas para os seus familiares. O fisio, que estivo con Soriano no Atlético de Madrid, faloulle das “malas relacións” e do “malestar” do equipo madrileño co Depor, e viceversa. Un malestar que crearon eles mesmos polas suas malas obras, ou como dixo o xuiz instructor da RFEF : “Tiña que ser descendido e multado por neglixencias, graves e gravísimas”, un auto de 45 páxinas, que tirou por terra Javier Tebas, con intereses familiares e económicos no clube fuenlabradino.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies