Mario Soriano pasou por rolda de prensa tralo terceiro adestramento na volta o traballo do Depor en Abegondo, o rapáz falou sobre a posibilidade de que chegaran restricccións de público nos estadios e pideulle o 2022, que “oxala poida vir ainda máis xente a Riazor”.
O xove futbolista cedido polo Atlético de Madrid, tampouco cre que se chegue a cancelar a liga, como pasara fai preto de dous anos : “Non creo que chegue a cancelarse a liga. Oxalá que non. Pero si que é verdade que en Primeira, Segunda e Primeira RFEF está a haber moitos casos e seguramente se teñan que aprazar partidos. Non sei se a semana que vén ou a seguinte, pero seguramente se apracen”.
Desvelou algunhas das precaucións que ten o clube e antre elas está a de estar, “pouco tempo xuntos nos vestiarios”, ou a de que, “non almorzamos xuntos en Abegondo”, cousas que o centrocampista deportivista, ve como normais, e que : “Hai que seguir facendo as cousas ben para non ter ningunha baixa para a semana que vén”.
Dixo que se ve ben, e que está a aproveitar, “tódolos minutios que teño”, e que o importante é, “sumar parra o final acadar o obvetivo”.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia