ROLDA DE PRENSA DE MARIO SORIANO : “NA CASA EN MOITOS ENCONTROS TIVEMOS MOITAS OCASIÓNS PERO O BALÓN NON QUIXO ENTRAR”.

 

Mario Soriano admitiu esta mañá na sala de prensa de Abegondo que “este ano fóra de casa estánsenos dando mellor as cousas. En ABANCA-RIAZOR está a custarnos conseguir esas vitorias, pero o equipo en moitos partidos mereceu moitísimo máis, sobre todo en ABANCA-RIAZOR. En moitos partidos tivemos moitas ocasións e non entraron. Esa mala sorte estamos a tela en casa e fóra o equipo está a conseguir moitos puntos en comparación a outras temporadas”.

Cre necesario “reforzar o tema de ABANCA-RIAZOR porque nos vai a vir moi ben para todos, para saír de abaixo. O equipo vai seguir traballando para poder conseguir as vitorias en casa”.

O centrocampista branquiazul puxo en valor o punto sumado o pasado domingo en ABANCA-RIAZOR ante o Sporting de Gijón: “Foi un partido moi complicado. O Sporting é un equipo moi forte, moi duro, que vai estar arriba. Temos que valorar o punto. Despois que eles nos metesen gol o equipo deu boa cara, viuse que queriamos ir a por a vitoria. Ao final empatamos e tivemos esa ocasión de Cristian. Hai que valorar o punto”, concluíu.

Do Cádiz CF, rival este sábado 30 de novembro ás 18:30 no Nuevo Mirandilla (LaLiga TV Hypermotion, M+ e Fútbol 2) lembra que “é un recentemente descendido de Primera. Ten xogadores moi bos, de Primera División. Tampouco lle están saíndo as cousas, teñen un punto máis que nós”.

A nivel persoal, pensa que “xogar de mediocentro, na banda e de mediapunta vaime a facer mellor a min este ano. Estou a xogar moito máis de mediocentro, de 8 poderíase dicir. Atópome ben, a gusto e cómodo. Obviamente onde sinto máis cómodo é máis adiante para poder chegar á área, estar máis preto desas zonas de ataque; pero xogue na posición que xogue e onde o míster me poña estarei ben”.

Explica Mario Soriano que nesa posición de 8 Óscar Gilsanz pídelle “como a todos os xogadores que xogamos aí que teña un pouco máis de cabeza, de non chegar tanto á área. Teño que saber tamén que á hora das tarefas defensivas teño que estar máis preto da liña defensiva, de axudar máis na área propia. Ter ese punto de pensar e co balón, que xogue como sei”.

-Foto, texto e vídeo : rcdeportivo.es

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies