ROLDA DE PRENSA DE MARIO SORIANO : “”HAI QUE DARLLE A VOLTA A DERROTA PARA FACER DE NOVO DE RIAZOR UN FORTÍN”.

A comparecencia de Mario Soriano hoxe serviu para lanzar unha mensaxe de tranquilidade, compromiso e foco. Ao adiantar o partido contra a Real Sociedad B ao sábado 13, (21:00 horas/20:00 GMT), o Deportivo aproveita a pausa ata a cita copera para centrarse na liga. Soriano puxo de manifesto que este equipo ten argumentos para competir, pero que, sobre todo, necesita “paciencia, tranquilidade” e “traballo firme”.
“Fíxose un equipo moi bo e competitivo”, dixo o “Joker”, e afirma de que hai que ter “paciencia, tranquilidade que queda moito…Hai que darlle a volta a esta derrota e volver a facer de Riazor un fortín”.
Pola súa banda, referíndose ao rival inmediato (Real Sociedad B), advertiu que “os filiais teñen xogadores moi bos, técnicos e con ganas de chegar ao primeiro equipo. Se lles deixas, poden facerte dano”. Con todo, insistiu en que o obxectivo debe ser “dar eses tres puntos á afección e pechar o ano da mellor maneira en Riazor”.
Esto e máis, escoitando o vídeo…
.
-Vídeo e foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”