ROLDA DE PRENSA DE MANUEL PABLO E LISTA DE CONVOCADOS :

 

Aquí tes a lista de convocados e a rolda de prensa de Manuel Pablo previa ao encontro da Youth League deste mércores 3 de Novembro a partires das 20:00 horas, (19:00 GMT), no Estadio de Riazor, encomtro que unha vez máis non será televisado xa que os dereitos tenos Movistar e a pesares de que o clube sondeou o televisalo por YouTube, tería que ser nun horario moi cedo e que impediría a moitos afeccionados ir o estadio.

Manuel Pablo antre outras cousas cousas dixo dobre o rival, Maccabi de Telaviv, comenta que : “Fixámonos nestes partidos de eliminatoria que tiveron. Parece un equipo un pouco máis compacto á hora de defender e non tan físico aínda que teñen xogadores altos; pero si un equipo máis asociativo. Se cadra non vai ser un partido tan aberto como os que vimos tanto alá como aquí en Polonia (na primeira eliminatoria)”.

A Manuel Pablo, parécelle o conxunto israelí “un equipo que defensivamente espera un pouco máis atrás, máis compacto e que se cadra é máis difícil atopar os ocos. Nunca se sabe o que pode pasar pero polo que vimos é un equipo a nivel defensivo máis compacto”.

Sobre a listA de convocados decir que entra Yeremay tras cumprir encontro de sanción polo vermello da ida da primeira eliminatoria.

Máis de 16.000 entradas vendidas 

As entradas que para os socios son de balde, teñen un prezo de 5 euros, que serán destiñados desta volta o proxecto do Depor Genuine. Lévanse repartidas máis de 16.000 entradas antre as dos socios e as do púbrico. Ben e certo que moitos dos que mercaron entradas fano para contribuir a labor solidaria do clube e non irán o campo, pero todo apunta a que se superará a asisetncia do encontro de ida da primeira eliminatoria ante o Pogon polaco, que foi a cantidade maior de afeccionados nunha primeira eliminatoria na hsitoria desta competición, segundo a UEFA.

 

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies