ROLDA DE PRENSA DE MANU SÁNCHEZ PREVIA O BETIS-DEPORTIVO FEMININO : “É UN ENCONTRO A VIDA OU MORTE NO QUE NON TEMOS NADA QUE PERDER”.

 

Rolda de prensa de Manu Sánchez previa ao encontro de mañán sábado a partires das 11:00 horas  no “Felipe del Valle” ante o Real Betis Balompié e o que califica o adestrador galego do Deportivo Feminino que este : “É un encontro a vida ou morte no que non temos nada que perder”, e afronta o chqoeu : “con todas as da lei pero sen ningunha presión”, referíndose, que xa choraron e xa se descargaron a presión que tiñan no derradeiro encontro de Abegondo e que agora ao mellor : “somos un equipo máis perigoso”.

“Imos gozar o partido de mañá como equipo e imos ver se podemos gozar máis o último partido aquí”, comenta o técnico deportivista en referencia ao encontro ante o Athletic Club do domingo 27 ás 12:00 en Abegondo, na última xornada de liga.

Manu Sánchez espera un rival que “a priori o ten todo moi de cara. Esa praza entre elas ou nós. Lévanos cinco puntos con seis en xogo. A metade da diferencia de goles a favor. Eu vinas case celebrar a permanencia. Non contaban con chegar a esta situación. Nós demostramos que sabemos vivir no barro, sobrevivimos no barro e este partido é un partido de barro. Imos ver quen é capaz de levar o gato á auga. Elas teñen todas as papeletas para liquidar a situación mañá mesmo pero imos ver que nos atopamos”.

En canto ao futuro da próxima temporada, aínda que resta o desenlace final desta, o preparador deportivista apunta que “desde que se empezou a coñecer a forma de traballar, os medios que temos aquí, a aposta do Club, a calor de #ANOSAFORZA neste campo, moitas xogadoras interesáronse. O Club é moi atractivo para unha futbolista. Poder dicir que vas adestrar e xogar todo o ano en herba natural é algo que moi pouca xente pode dicir. Os Servizos Médicos que temos aquí non se atopan en ningún lado. Hai unha serie de condicións que fan moi atractivo isto tanto para as que están como para xente que está a tocar a porta. Nós temos que expoñer todas as situacións, xa desde hai meses”.

O equipo feminino deportivista chega a esta xornada a 5 puntos da salvaciín e con 6 en xogo. Unha situación que se repite fai tempo e seguen con vida na liga. Complicado, pero todo pode pasar.

-Preme no vídeo para ver todo o que dixo.

 

LISTA DE CONVOCADOS

 

-Foto : Raúl Boutureira

-Texto : piratasdemuxia