ROLDA DE PRENSA DE MANU SÁNCHEZ PREVIA AO LEVANTE-DEPORTIVO FEMININO DE MAÑÁN SÁBADO POR GOLTV.

 

Manu Sánchez pasou por rolda de prensa para falar sobre o encontro de mañán sábado ante o UD Levante a partires das 16:00 horas, (15:00 GMT), televisado en direto por GolTv. Ademáis Manu falou doutras cousas relativas o equipo.

O UD Levante é un dos equipos fortes da competición que leva xogados 4 encontros en 7 xornadas, con 2 vitorias, 1 empate e unha derota, nunha liga que está totalmente descontrolada polos encontros suspendidos por casos de COVID-19, como lle pasou na pasada xornada ao equipo deportivista ao que se lle suspendeu o encontro por un positivo no Rayo Vallecano. Basta ver que o lider Granadilla leva xogados 7 encontros, namentras que o Rayo Vallecano leva 2.

-Foto, Vídeo e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies