Manu Mosquera no encontro ante o Alavés.
Manuel Mosquera Rey, máis coñecido como “Manu Mosquera”, coruñés de 21 anos, que a pasada tempada deixou o equipo da sua vida o RC Deportivo no que xogou dende sempre, para enrolarse nas filas do Extremadura, no que adestraba o seu pai Manuel Mosquera, que volve a adestrar tras ser destituido co descenso dos extremeños a 2ª B, fixo na Copa ante o Alavés, un gran encontro, amosando calidade e desparpaxo ante un Primeira, que se levou o encontro nun lance de xogo tras ser dominado no 75 % do encontro polo Depor.
O xove dianteiro, pasou por rolda de prensa e amosouse abraiado de ter debutado co primeiro equipo, “o seu soño dende neno”. Aquí tes a rolda de prensa en vídeo e un resumo do que dixo este rapáz que se ganou ter máis oportunidades.
O xove futbolista coruñés confesou que as súas sensacións “foron moi boas. Desde o primeiro momento que cheguei todos me arrouparon e fixéronme sentir bastante cómodo. Iso axuda a que me saísen as cousas e puidese gozar no campo”.
Subliña que desde que chegou ao Alevín B do Club na temporada 2009-10 “era o meu soño, debutar en partido oficial con este equipo. Onte deuse a oportunidade. Saín a gozar, a pasarmo ben. Ao final todo saíu moi ben e moi contento”.
Desvela que se decatou de que ía ser titular “o día anterior ao partido, cando tivemos que facer todos as probas. Colleume o míster e empezoume a explicar tácticamente o que quere de min. Nese momento díxome que a probabilidade de que debutase era alta e que estivese preparado”.
Pasada a Copa de SM O Rei, e co partido ligueiro en Zamora deste domingo 10 de xaneiro (17:30 horas) no horizonte, Manu Mosquera lembra que “son xogador do Fabril. Estarei para o que me toque. Se me toca baixar co meu equipo estarei encantado. O único que vou facer é traballar todos os días moito para seguir manténdome no primeiro equipo, que ao final é o meu soño e o obxectivo polo que fichei desde pequeno”.
-Foto e Vídeo : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxía