ROLDA DE PRENSA DE LUIS RUÍZ : “SERVIRANOS NO FUTURO PARA MELLORAR”

 

Luis Ruiz, que debutou a pasada fin de semana como xogador do Deportivo en partido oficial, pasou esta mañá pola sala de prensa de Abegondo.

O lateral deportivista confesou estar “triste pola derrota. Non foi o noso mellor partido nin a nivel colectivo nin a nivel persoal. Estamos a traballar como tolos para mellorar a situación. Non hai que dramatizar”, conclúe no entanto.

Admite que “está ben que nos meteron este pau na xornada 2, se temos que buscar as cousas positivas. Seguramente nos servirá no futuro para mellorar”.

Destaca que “hai 10 equipos de Segunda División que queren subir de categoría. Ímonos a ter que poñer o mono de traballo se queremos gañar nas 40 xornadas que restan”.

Nesta liña, Luis Ruiz asegura que afrontan o partido deste domingo 1 de setembro en Vallecas (18:00 horas, #Vamos) “coa máxima ilusión, mellorando os erros que tivemos en Huesca. O fútbol é así. Cada semana temos unha oportunidade para corrixir erros, para mellorar. Estamos só pensando en facer un bo partido en Vallecas e levarnos os 3 puntos”.

En El Alcoraz o pasado domingo, é “consciente de que non nos saíron as cousas tanto a nivel colectivo como individual como eu esperaba. Pos todo da túa parte, traballas como o que máis, atópaste ben durante os adestramentos e chega o domingo… Tampouco hai que darlle máis voltas. É parte do fútbol. Non foi a miña mellor versión. Estou tranquilo porque sei o que podo dar. No fútbol non é tocar un botón e que che salga todo xa de marabilla. Isto vainos a servir de aprendizaxe para seguir mellorando e estou convencido que tanto ao equipo como a min vainos a servir para mellorar no futuro”.

Pide pois pasar páxina: “No fútbol se te quedas estancado ao final pásanche por encima. Foi un pau duro pero temos que aprender dos erros, corrixilos e xa o seguinte día traballar para Vallecas, enfocarnos no partido do Rayo para tentar gañar alí. O fútbol non dáche tregua”.

Precisamente en Madrid, fala Luis Ruiz de mellorar “en xeral. Desde gañar os duelos defensivos, ofensivos. Estar máis intensos, axustar as liñas… En xeral todo. En Huesca non estivemos como tiñamos que estar, asumímolo e melloramos. Imos mellorar, iso está claro. Estamos tranquilos porque confiamos en nós. É normal que se fale de fracaso polo partido do outro día, pero estamos convencidos de que isto é un pequeno accidente. Vainos a servir no futuro de moito”.

Refírese o defensor branquiazul, do choque ante o equipo oscense, a “problemas na saída do balón. Porque deamos igual 2 ou 3 pelotazos arriba e xuntémonos outra vez, non pasa nada. O Huesca apertou bastante. Esas situacións igual podémolas mellorar”.

Explica que ao longo desta semana a preparación do encontro ante os vallecanos céntrase “en nós. Traballamos para estar o mellor posible nós, para mellorar o que fallamos no partido pasado. E a partir de aí, o Rayo xoga de maneira distinta. O importante somos nós, traballar para mellorar nós”.

-Texto do resumo de rcdeportivo.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es