ROLDA DE PRENSA DE LUIS CÉSAR : “SE VEN FERNANDO VÁZQUEZ ALÉGROME PORQUE É MEU AMIGO”.

 

Luis César pasou por rolda de prensa como de costume na previa dos encontros, neste caso no que enfrontará ao Depor co Tenerife mañán venres 20 de Nadal a partires das 21:00 horas, (20:00 GMT), no Estadio de Riazor e televisado por GolTV para os que non poidades estar en direto animando o equipo.

O adestrador vilagarcián, que pode que sexa o seu derradeiro encontrro o fronte do equipo nesta etapa, contestou a pregunta dos xornalistas presentes na sala de prensa, (e aos que fan de xornalistas), sobre o máis ca rumor de que Fernado Vidal traerá de volta a Fernando Vázquez para facerse carg do equipo, ao que Luis César contestou que : “Se ven Fernando Vazquez, como vos comentades, alégrome porque é amigo meu”, unha cousa que dixo ata en duas ocasións. Tamén dixo de Ferando que : “é un home que as sabe todas”, no feito de coller o equipo na situación que está.

Sobre a inminente chegada de Fernando Vidal : “É un home con “pedigree”, e un deportivista e que é normal que veña para buscar que cambien as cousas”.

Tamén falou nos máis de 15 minutos da rolda de prensa do rival de mañán o Tenerife, do que foi adestrador e fixo “máis puntos en 4 encontros que no Depor en 10”, un equipo que para él é “especial porque son tódolos nos que estiven”.

-Texto : piratasdemuxia.es

-Foto : RC Deportivo

-Vídeo : Cana YouTube RC Deportivo

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.