ROLDA DE PRENSA DE LUIS CÉSAR : “ESTOU CONVENCIDO DE QUE IMOS FACER UN BO ENCONTRO”

 

Luis César confesou este mediodía na sala de prensa de Abegondo estar seguro de que “a xeira se vai a terminar. As boas e as malas finalizan, ás veces sen querer. O que pasa é que hai que persistir, resistir, sen deixar de avanzar. Isto é cada semana”.

Ve aos seus futbolistas “ben. Saben o que fixemos mal o outro día (nas Palmas). Somos mellores que o outro día. Temos máis cousas avanzadas. Chegamos cunha hixiene mental mellor que o outro día. Estou convencido de que imos facer un bo partido, a partir do compromiso, a partir da responsabilidade que ten cada xogador en cada misión do posto que ocupa, da disciplina de cada xogador en cada momento de xogo, en cada fase do xogo e en cada espazo do campo. Chegamos ben. Estou ilusionado e espero ilusionar á nosa xente facendo as cousas ben con esa dose de enerxía que a nosa xente necesita”.

Recoñece tralo seu “debut decepcionante” do pasado sábado e agora, na súa estrea en ABANCA-RIAZOR, “estou convencido de que nos toca gañar. O que máis quero é que o Deportivo gañe. Primeiro porque o equipo gañe, que a xente se marche contenta, que o noso equipo some 3 puntos máis e logo pensarei que o meu debut foi con vitoria”.

Insiste en que, após ver aos seus xogadores, “capto as posibilidades que teñen, e estou convencido que imos mellorar moito. Non pouco. Imos mellorar moito”.

Sendo realistas, “vexo aos meus xogadores con moita marxe de mellora a nivel individual e colectivo. Non síntome obrigado a ser optimista convosco. Dígoo con convicción, seguro do que digo”.

Sen fabrilistas esta vez na convocatoria tralos 5 que viaxaron a pasada fin de semana ás Palmas, Luis César explica que “é o momento dos profesionais do primeiro equipo. Iso non quere dicir que sexa por norma. Veremos semana a semana. Este é un momento que teñen que asumir os profesionais do primeiro equipo. Veremos máis momentos máis adiante. Todo o mundo ten a porta aberta. Eu vou tentar poñer os que me van a defender mellor os puntos”.

Do Málaga CF, rival mañá domingo 20 de outubro en ABANCA-RIAZOR (16:00 horas, #Vamos), lembra Luis César que “conserva o adestrador do ano pasado, o que acabou a liga. Ten un estilo de xogo moi marcado. Vai ser o Málaga que vistes no playoff de ascenso, con outros futbolistas, moitos do ano pasado. Está nunha posición non desexada, como nós. Inesperada. Está aí por algo. Se estamos aí é porque traballamos peor que os demais, fixemos menos méritos que os demais. Temos que cambiar iso. Por iso estamos aí abaixo”.

-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo

-Texto : resumo de rcdeportivo.es

-Foto : Captura de vídeo.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.